San Simón
Campo de concentración
Dende outubro de 1936 até marzo de 1943 as illas de San Simón e Santo Antón foron reconvertidas nun enorme campo de concentración. Os presos políticos padeceron escarnio, abuso e unhas condicións infrahumanas. Calcúlase que arredor de 400 persoas morreron aquí de doenzas curables por mor da mala alimentación, falta de atención médica ou insalubridade.
Arredor de 6.000 persoas foron presas nestas illas. Moitas delas chegadas dende provincias españolas. Ademais fondeouse o vapor “Upo Mendi” fronte á illa retendo no seu interior arredor de 700 presos.
No seguinte buscador facilitámosche a pesquisa. Esta información básica querémola ampliar coa vosa colaboración escribíndonos a memoria@redondela.gal con máis información, fotografías ou documentos de calquera tipo.
Busca Guiada
Filtros
| Nome | Apelidos | Provincia | Militancia |
|---|