Madriñas

As Madriñas de San Simón

A situación dos presos políticos nas illas de San Simón e Santon Antón activou a solidariedade. As mulleres desenvolveron unha importante función. Elas, as chamadas madriñas ou lavandeiras, axudaron en todo canto puideron por mellorar a vida dos presos: enviando comida e medicinas, lavándolles a vestimenta, facilitando o contacto coas familias, dándolles roupa...

O Concello de Redondela homenaxeounos no ano 2021, seguindo o ronsel aberto en 1995 pola asociación Xanela responsabel do primeiro recoñecemento público a estas heroicas veciñas.

No seguinte buscador facilitámosche a pesquisa. Esta información básica querémola ampliar coa vosa colaboración escribíndonos a memoria@redondela.gal con máis información, fotografías ou documentos de calquera tipo.

Busca Guiada

Filtros

Nome Apelidos Provincia Militancia