Memoria Democrática
A memoria democrática en Redondela
A liberdade, a xustiza social ou a separación de poderes constitúen elementos dunha democracia. O golpe de estado contra a República, en xullo de 1936, supuxo o maior retroceso en dereitos básicos da nosa historia. Prohibiuse a libre opinión, impúxose a censura, negáronse os dereitos da muller, acabouse coa renovación pedagóxica ou se ilegalizaron as asociacións político-sindicais. O herdo dun franquisno vivo entre 1936 e 1975 foron os asasinatos, a tortura, a prisión, o exilio, a persecución ás familias… Todo por pensar distinto.
O Concello de Redondela, en colaboración co Ministerio de Memoria Democrática, pon a disposición pública os datos das persoas represaliadas no noso municipio. A información divídese en tres apartados: represión, San Simón e madriñas. Convidámosvos a colaborar connosco para completar os datos dirixíndovos ao enderezo electrónico memoria@redondela.gal
Finalmente, o Concello de Redondela queren expresar a solidariedade coas familias vítimas da ditadura franquista, a vontade de colaborar na reparación e o compromiso cos valores democráticos fronte á auxe de discursos fascistas.